en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

Fepac deu unha charla sobor de renovábeis no Forum Metropolitano

(Xoves, 15 de maio de 2008)

O técnico en enerxías renovábeis de Faepac, Xosé Manuel Golpe, deu o pasado día 14, unha charla sobor das enerxías renovábeis en Galicia.

A charla, que se deu no Forum Metropolitano de A Coruña, está enmarcada dentro do programa "O Medio que nos Rodea" organizada polos servizos sociocultarais do concello de A Coruña.

O evento contou cunha participación de 20 persoas, que tiveron a oportunidade de coñecer as últimas tendencias en enerxías renovábeis, e a súa implantación en Galicia.

Aos asistentes tamén se lles entregou unha guía de aforro de enerxía no fogar.

FAEPAC ESTARÁ PRESENTE EN EXPOBIOENERGÍA 2007

(Venres, 19 de outubro de 2007)

Faepac terá un stand no recinto feiral de Expobioenergía en Valladolid, que terá lugar entre os días 25 e 27 de outubro.
Esta cita pretende se-lo maior escaparate sobre da biomasa e biocombustibles.
No stand de Faepac poderase ver toda información relacionada coas súas actividades e as dos séus patrons.

EXPOBIOENERGIA

FAEPAC organiza o I Congreso Internacional de Enerxía e Medio Ambiente

(Venres, 13 de abril de 2007)

Terá lugar en Ferrol, no recinto de Fimo, entre os días 10 e 11 de maio.
O evento conta co patrocinio das consellerías de Industria e Medio Rural da Xunta de Galiza,Deputación de A Coruña,Inega,Portos de Galicia e Caixanova.
Tamén conta coa colaboración da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA)e Solar PST.

Encontro en Finlandia de axencias locais da enerxía

(Xoves, 15 de febreiro de 2007)

En Decembro do 2006 estivemos en Finlandia nun encontro con outras axencias locais da enerxía, para tratar os seguintes temas:


1. Perspectivas das 4 axencias locais de enerxía

2. Programación do plan de funcionamento común

3. Aplicacións técnicas específicas do plan de funcionamento común

4. Marco de responsabilidade


tamén visitamos varias instalacións e aquí mesmo se poden ver as fotos

Album

Faepac traballa na organización do II Congreso internacional sobre educación, enerxía e desenvolvemento sostíbel

(Martes, 10 de abril de 2007)

FAEPAC forma parte do comité organizador do II Congreso internacional sobre educación, enerxía e desenvolvemento sostíbel, que terá lugar os días 27, 28 e 29 de xuño de 2007 nas Pontes.

Pode seguir informado sobre as novidades deste II Congreso neste mesmo espazo web.

Faepac deu unha ponencia sobre biomasa nas III xornadas sobre enerxías renovábeis e aforro enerxético

(Luns, 9 de abril de 2007)

O director de Faepac, Jesús Castro, deu unha ponencia sobre o aprobeitamento da biomasa con fins enerxéticos, no marco das III xornadas sobre enerxías renovabéis e aforro enerxético.
O evento, que está organizado por Axober, tivo lugar o pasado día 1 de abril, no pazo da cultura de carballo. Ao mesmo acudiron unhas setenta persoas.

FAEPAC deu unha charla sobre biomasa o pasado sabado día 31 de marzo, en Cabanas

(Luns, 9 de abril de 2007)

FAEPAC imparteu a charla "Introducción ao uso da biomasa forestal" o pasado día 31 de marzo, no polideportivo de Lavandeira, no concello de Cabanas.
O acto, que estaba organizado pola Plataforma de Defensa Dos Camiños, contou tamén coa participación de técnicos da Consellería de Medio Rural, que falaron sobre o novo marco legal no tema de cortas e queimas forestais.
Acudiron orredor dunhas 60 persoas, do ambito rural do concello

[image]

 


© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN