en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

Faepac e o Concello de As Pontes levan a información enerxética aos seus cidadans

(Martes, 13 de abril de 2010)

O concello de As Pontes levará aos locais das súas asociacións veciñais, información sobre o aforro da enerxía.

As charlas estarán impartidas por un técnico de Faepac, e explicarase cal e o orixe das enerxías, como se consumen, como se pagan as facturas enerxéticas e por último dánse consellos sobre o aforro enerxético.

A duración das charlas é dunha hora, aproximadamente, e ao final da mesma deixase un tempo de coloquio e consulta de dúbidas. As primeiras datas confirmadas son as seguintes:

* Asociación Cal da Velaíña. 19/04/2010 ás 20:00
* Asociación Veira do Eume. 20/04/2010 ás 20:00
* Asociación A Choupana. 27/04/2010 ás 20:00
* Asociación As Campeiras. 29/04/2010 ás 20:00
* Asociación Amas de Casa. 30/04/2010 ás 19:30

A Xunta publica un novo concurso eólico

(Martes, 6 de abril de 2010)

O pasado día 31 de marzo o Diario Oficial de Galicia publico a orde da Consellería de Industria que licita 2.325 MW eólicos para instalar ata o ano 2012.

Esta orde que retoma o plan sectorial eólico de Galicia, distribuie a potencia en 10 áreas de desenvolvemento eólico.

Non se lle pode asignar a unha empresa máis de 350 MW, a menos que o plan industrial que presente a empresa o faga conveniente. Tamén se reservan 200 MW para repotenciar parques existentes.

Tamén se da un paso máis na administración electrónica, tendo os licitadores que cubrir a inscrición de xeito telemático na web da Consellería a partires do 19 de abril.

O prazo de presentación remata o vindeiro día 19 de xullo.

Descargar orde do 29 de marzo de 2010

O INEGA IMPULSA CON MÁIS DE 200.000 EUROS MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS MEDIANTE UN PROXECTO PILOTO COA FEDERACIÓN GALEGA DE PARQUES EMPRESARIAIS

(Xoves, 21 de xaneiro de 2010)

- O convenio de colaboración asinado hoxe entre o director do Instituto Enerxético de Galicia e o presidente da Fegape contempla a realización de auditorías enerxéticas en 25 industrias manufactureiras, a divulgación dos resultados destes estudos e a implantación dun plan de mobilidade en 4 polígonos industriais

- Con esta actuación pioneira e experimental, que deberá estar executada antes do 30 de agosto de 2010, incentívase o uso racional da enerxía no sector e propíciase unha mellora das condicións medio ambientais

Convenio FegapeSantiago, 20 de xaneiro de 2010.- O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez, e o presidente da Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape), Luis Fernández Ruenes, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que estes dous organismos levarán adiante un proxecto piloto consistente en potenciar a eficiencia enerxética nos polígonos industrias galegos. Trátase dunha actuación de promoción do aforro e da eficiencia enerxética no sector empresarial que o Inega, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, desenvolve en colaboración co IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) e mediante a que subvenciona, a fondo perdido, actuacións tendentes a incentivar o uso racional da enerxía nos parques empresariais englobados na devandita Federación, a única destas características existente en Galicia, que dá cabida a 24 entidades representativas de polígonos e que aglutinan a 40 parques empresariais, representando o 95% das asociacións de empresarios de Galicia.

O convenio, para o que o Inega achegará un total de 201.847,50 euros e Fegape os fondos adicionais necesarios para a súa execución, abrangue a implantación de medidas experimentais e pioneiras de aforro e eficiencia enerxética no sector empresarial que leven consigo unha alternativa limpa e racional no uso da enerxía, medidas necesarias nun contexto desfavorable como o actual, e que axudarán a unha mellora das condicións medio ambientais.

Optimización enerxética
Entre o abano de actuacións que contempla o convenio tendentes a incrementar o uso racional da enerxía nos polígonos industriais atópase a realización de auditorías enerxéticas en industrias. A Fegape encargarase de realizar estudos para a mellora da eficiencia enerxética en 25 industriais manufactureiras situadas nos parques empresariais incluídos nesa Federación. Esta actuación terá un orzamento de 144.286 euros, do que o 75% correrá a cargo do Instituto Enerxético de Galicia e o restante 25% deberá ser asumido ben pola industria auditada ou ben pola propia Federación.

Cada estudo de optimización enerxética analizará o proceso produtivo da empresa e deberá propoñer medidas de redución do consumo enerxético. A análise poderá ser integral ou limitada aos procesos e sistema de maior demanda enerxética. Ademais os seus resultados deberán estar dispoñibles na páxina web do Inega, www.inega.es.

A Fegape entregaralle ao Inega copias das auditorías, o seu custo e un informe resumo coas accións propostas en cada estudo e a súa viabilidade: investimento necesario, aforro enerxético e económico derivado das medidas, etc.

Plan de mobilidade en polígonos
A realización dun plan de mobilidade en 4 polígonos industriais, elixidos a proposta de Fegape, constitúe outra das actuacións a desenvolver a través deste convenio. Este plan de transporte ten como pretensión cambiar o modo de desprazamento das persoas ao lugar de traballo, así como promover medios de transporte colectivos máis eficientes.

O estudo levarase a cabo na Comunidade de Propietarios de Pocomaco (A Coruña), na Asociación de Empresarios A Gándaras (O Porriño), na Asociación de Empresarios do Polígono Sete Pontes (Vilalba) e na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial San Cibrao das Viñas (Ourense), que mobilizan no seu conxunto a 24.200 traballadores. Para esta actuación cun orzamento global de 156.055 euros, o Inega achegará o 60% do custo e o restante 40% deberá ser asumido polo polígono ou por Fegape.

Divulgación dos resultados das auditorías
A Fegape encargarase de contactar con outras industrias para informalas das melloras que se detectaron nas auditorías das empresas do seu sector. Así mesmo comprométese a facer figurar a imaxe corporativa do Inega e do IDAE en toda a documentación que requira o desenvolvemento do devandito convenio.

Cuantificación do aforro enerxético
O convenio tamén establece que a Federación Galega de Parques Empresariais lle entregará ao Instituto Enerxético de Galicia un informe de todas as actuacións realizadas dentro do obxecto do convenio, no que se indique o investimento de cada unha delas e o aforro enerxético que se acadará con cada unha das actuacións levadas a cabo. Todas as medidas de aforro e eficiencia enerxética contempladas no convenio deberán estar executadas antes do 30 de agosto de 2010.

Seminario enerxía xeotérmica

(Venres, 6 de novembro de 2009)

A Fundación Gas Naural, e a Xunta de Galicia organizan un seminario chamado " Enerxía xeotérmica e eficiencia enerxética en Galicia"

O evento terá lugar o vindeiro 4 de decempbro, no hotel AC Pazo do Carme. Santiago de Compostela.

A inscrición é de balde, ata esgotar o aforo da sala.

Máis información: Seminario Xeotermica

TARIFA DE ÚLTIMO RECURSO E MERCADO LIBERALIZADO DA ELECTRICIDADE

(Xoves, 9 de xullo de 2009)

O día 1 de Xullo de 2009 entrou en vigor a tarifa de último recurso e o mercado liberalizado da electricidade.
O día 7 de Xullo de 2009 FAEPAC fixo unha charla/coloquio na Cámara de Comercio de Ferrol en relación a liberalización do mercado da enerxía, para todas aquelas empresas intersadas no tema: Un novo panoramo enerxético: a empresa ante o mercado eléctrico liberalizado. Presentación (pdf)

Documentos de interese:

Orden ITC/1659/2009 do 22 de Xuño, por la que se establece el mecanismo de traspaso de clientes del mercado a tarifa al suministro de último recurso de energía eléctrica y el procedimiento de cálculo y estructura de las tarifas de último recurso de energía eléctrica.
Real Decreto 485/2009 do 3 de Abril, por el que se regula la puesta en marcha del suministro de último recurso en el sector de la energía eléctrica.
Resolución do 29 de Xuño de 2009, de la Dirección General de Política Energética y Minas, por la que se establece el coste de producción de energía eléctrica y las tarifas de último recurso a aplicar en el segundo semestre de 2009.

Enlaces de interese:

Comisión Nacional de la Energía
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Oficina de Cambio de suministrador (OCSUM)

TARIFA DE ULTIMO RECURSO

(Luns, 15 de xuño de 2009)

No seguinte enlace poderá obter toda a información que precise sobre os vindeiros cambios na subministración eléctrica.

Estes cambios aplicaranse a partires do primeiro de xullo

FOLLETO INFORMACION TUR

Certificación enerxética de edificios

(Xoves, 5 de marzo de 2009)

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ven de publicar no DOG do 5/03/2009 o decreto 42/2009 que regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia.

En dito decreto regúlanse as condicións que teñen que cumprir os promotores inmobiliarios para certificar a eficiencia enerxética dos edificios de nova construción, e as reformas de edificios de máis de 1.000 m2,cando afecte a máis do 25% dos seus cerramentos.

Por medio deste decreto tamén se crea a Comisión Técnica Enerxética. Que será o órgano encargado de asesorar en materia de eficiencia enerxética aos organismos competentes na materia.

Para máis información pódese consultar a disposición legal clicando no seguinte enlace:
descargar documento

Novas axudas da Consellería de Industria

(Venres, 27 de febreiro de 2009)

A Consellería de Industria, ven de publicar no Dog do 27/02/2009 dúas novas liñas de subvención.

A primeira está orienta á renovación de instalacións eléctricas de baixa tensión, en edificios con subministro eléctrico, anterior a 1989

A segunda liña de axudas,é para renovar equipos individuais de gas. Caldeiras e quentadores domésticos.

Máis información na sección de AXUDAS

Faepac celebrou en Cerceda a súa xuntanza anual de padroado

(Venres, 13 de febreiro de 2009)

Na casa do concello de Cerceda, o pasado día 10 de febreiro, tivo lugar a xuntanza anual do padroado de Faepac.

A dita reuión asistiron os patróns de Deputación, Inega, Sogama, e os concellos de As Pontes e Cerceda.

Nesta xuntanza a probouse o presupsto anual de Faepac que se aproxima aos 237.000 €.

Asemade tamén se aprobou a modificación dos estatutos da axencia, que permitirán que Faepac sexa medio propio da Deputación de A coruña, Inega, e os concellos de As Pontes e Cerceda.

Esta nova codición, permitirá que Faepac execute accións promovidas por estes patróns.

A nova na prensa:

La Voz de Galicia (11/02/2009)

Industria envía a súa proposta de tarifas de electricidade e gas para 2009

(Xoves, 11 de decembro de 2008)

Industria envía á CNE a súa proposta de tarifas de electricidade e de gas para 2009, calculadas atendendo en primeiro lugar ós consumidores. A proposta fixa unha subida de 1,1€/mes para a electricidade e unha baixada de 1,5€/mes para o gas dos consumidores domésticos (ligazón)

INNOVACIÓN E INDUSTRIA ABRE O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓN DE CENTRAIS DE BIOMASA

(Mércores, 26 de novembro de 2008)

O departamento de Fernando Blanco fixa en 80 megavatios a potencia máxima que se tramitará no período 2008-2012.(Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2008).
A Consellaría de Innovación e Industria abre o 26 de novembro o prazo de presentación de solicitudes de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da valorización enerxética da biomasa forestal primaria en Galiza. O Diario Oficial de Galicia publica o 25 a convocatoria da Consellaría, que tamén fixa en 80 megavatios a potencia máxima que se tramitará ao abeiro da orde e que abrangue o período 2008-2012.
A devandita convocatoria efectúase de acordo co previsto no Decreto 149/2008 regulador da explotación da enerxía producida a partir de biomasa, que establece no seu artigo 7 que a Consellaría competente en materia de enerxía determinará mediante orde o obxectivo de potencia máxima expresada en megavatios que se tramitará durante o período de referencia que se estableza na orde e fixará o prazo para a presentación de solicitudes de autorización de centrais de biomasa.
Os promotores deberán presentar as súas solicitudes no prazo de tres meses contados a partir de mañá acompañadas da documentación establecida no artigo 8 do Decreto 149/2008. Coa entrada en vigor deste decreto, Galiza converteuse na primeira comunidade autónoma do Estado en regular o aproveitamento enerxético da biomasa forestal.
O obxectivo do departamento de Fernando Blanco é acadar os obxectivos de produción marcados dentro do Plano Enerxético de Galiza, reducindo a dependencia enerxética do exterior coa posta en valor do residuo forestal existente no monte galego, diversificando as fontes de enerxía primaria e contribuíndo a unha política forestal onde a prevención de lumes estea estritamente vinculada aos labores de prevención a través da limpeza dos montes e o aproveitamento enerxético dos residuos.
Máis información

FAEPAC estará presente na Semana Verde de Silleda

(Luns, 17 de novembro de 2008)

Dentro da Feira Internacional Semana Verde de Galicia (19-23 Novembro 2008) FAEPAC participará cun expositor onde todo aquel que quera solicitar información sobre a axencia, a Feira Internacional da Enerxía e Medio Ambiente (FIEMA) ou o II Congreso Internacional da Enerxía e Medio Ambiente será benvido.
[image]

Cinco importantes cidades galegas xerarán enerxía a partir de biogás de vertedoio

(Venres, 31 de outubro de 2008)

Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e
Pontevedra dispoñen de vertedoiros selados que reúnen todas as condicións para instalar neles un sistema de produción de biogás para xerar electricidade. A posta en marcha destas plantas permitiría cumprir os obxectivos enerxéticos e de residuos que se marcou a Xunta de Galicia,a partir dos plans estatais na materia.


Segundo informa o portal de noticias Galiciae,o aproveitamento enerxético dos gases que proceden do lixo é un dos obxectivos que marca o Plan Nacional Integrado de Residuos 2008-2015. Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible traballa en cinco proxectos de produción de biogás nos vertedoiros de Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra.

Estas cinco cidades galegas contan con vertedoiros selados que reúnen as características técnicas para instalar un sistema de aproveitamento enerxético que evitaría a emisión de 9.000 toneladas de CO2 anuais e permitiría aforrar 40.000 euros na tarifa eléctrica durante o mesmo
período. Son cifras que se corresponden co proxecto máis avanzado, que é o do municipio compostelano, e que se poderían aplicar ao de Ourense, de similares dimensións.

2,5 millóns de euros para comezar a andar Ata a data, solo no vertedoiro de Sogama (Sociedade Galega do Medio) en Cerceda (A Coruña) habíanse instalados sistemas parecidos de produción de enerxía eléctrica a partir de biogás.
En calquera caso, a comezos de 2009 todos os vertedoiros dos municipios citados terán elaborado un estudio para a posta en marcha das plantas.

No caso de Santiago de Compostela, a inversión necesaria para o selado, recuperación do punto limpo e instalación do sistema de aproveitamento de biogás ascende os 2,5 millóns de euros. Ata o momento, foron clausurados e selados na comunidade case 200 vertedoiros de residuos sólidos urbanos, segundo os datos da Xunta de Galicia dados a coñecer por Galiciae.

Fonte:
Galiciae

Faepac estivo presente en Expobioenergía 2008

(Xoves, 23 de outubro de 2008)

Faepac estivo presente na Feira Expobioenergía 08, que se celebrou en Valladolid entre os días 16 e 18 de outubro.

O papel de Faepac nesta feira é como aliado da organización, coa que colabora na súa difusión.

En expobioenergía08, Faepac reforzou os contactos cos expositores presentes e comezou a difusión de Fiema entre os asistentes.

[image]

AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICAE ENERXÍAS RENOVÁBEIS DA CONSALLARÍA DE INOVACIÓN E INDUSTRIA

(Mércores, 10 de setembro de 2008)

O departamento de Fernando Blanco convoca máis de 15 millóns de euros en axudas destinadas a empresas, particulares e Administracións locais.
Santiago de Compostela, 9 de Setembro de 2008. O Diario Oficial de Galicia publicou onte as bases da convocatoria das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovábeis en Galiza correspondentes ao presente ano 2008. A Consellaría de Innovación e Industria destina máis de 15 millóns de euros a orzar as liñas de axuda, que son tramitadas integramente polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e foron convocadas nunha única resolución a través do DOG.

Aforro e eficiencia enerxética

O programa de aforro e eficiencia enerxética da Consellaría de Innovación para 2008 pretende ampliar as subvencións tanto en número de beneficiarios coma no obxecto das axudas. A contía neste concepto varía entre porcentaxes do 10% e do 75% do importe total do investimento e, igual que o ano pasado, procúrase que a tramitación das axudas sexa o máis áxil posible, para o que se dispón da opción de tramitalas por medio da web do INEGA (www.inega.es/axudas2008).

Con 9,8 millóns de euros, Innovación e Industria apoiará proxectos de aforro e eficiencia e auditorías enerxéticas en industrias localizadas en Galiza, así como en empresas do sector servizos; plans de mobilidade urbana sostíbel en concellos e plans de transporte para empresas en centros de traballo. No referido á edificación, poderán recibir subvención persoas e empresas que desenvolvan proxectos de rehabilitación envolvente térmica, de mellora de instalacións térmicas e do alumeado interior das súas vivendas e instalacións así como novas instalacións térmicas de alta eficiencia.

Tamén dentro do programa de aforro e eficiencia, contémplanse axudas para proxectos de coxeración, neste caso para auditorías, estudos de viabilidade e proxectos de coxeración non industrial en empresas do sector servizos. Pola súa parte, os concellos poderán conseguir apoios de ata o 40% para proxectos de renovación do alumeado público e para novas instalacións que sigan criterios de eficiencia enerxética.


Enerxías renovábeis

O outro grupo de axudas é o que ten por obxecto as enerxías renovábeis. A dotación presupostaria que presenta o pulo á solar, á biomasa e ás outras renovábeis chega este ano a 5,35 millóns de euros. Os maiores importes dentro destas axudas son os destinados á implantación de solar térmica (2,2 millóns de euros) e a biomasa (2,49 millóns).

A solar térmica contará con axudas para a súa instalación nos casos nos que non sexa de execución obrigada por mor do novo Código Técnico da Edificación. Tanto as administracións públicas coma os particulares e empresas acadarán un 35% de axuda do investimento neste tipo de instalacións. No caso da enerxía solar fotovoltaica, subvencionaranse ata un 15% dos proxectos cando se contemple a súa conexión á rede, e de ata o 40% cando sexan instalacións illadas. Para outro tipo de renovábeis, como aeroxeradores de baixa potencia para autoconsumo ou microturbinas, a subvención tamén pode chegar ao 40% de axuda cun límite máximo de 10.000 euros.

As caldeiras de biomasa, pola súa banda, contarán co 30% de axuda, ben sexan para uso doméstico, agrario ou industrial. En canto á xeración de calor e electricidade mediante procesos de gasificación de biogás, a axuda será do 15% cun máximo de 120.000 euros por proxecto, sempre e cando a potencia sexa inferior a 500 kW.

Os dous grupos de axudas convocados hoxe, presentados xa polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, redundarán nun maior emprego das enerxías renovábeis e nun maior aforro e eficiencia enerxética, obxectivos encadrados no Plan Enerxético 2007-2012 elaborado pola Consellaría, dentro da Estratexia Energos. Consonte os obxectivos desta estratexia, as liñas de axuda de aforro, eficiencia e renovábeis contribuirán a conseguir que o 95% da enerxía eléctrica consumida en Galiza proveña de fontes renovábeis, reducíndose do 3% ao 2% a taxa de incremento da demanda do noso país.

Ode publicada no DOG

descargar orde de subvención

Acceso aos documentos da subvención:
Axudas Inega

1 2 3 4 seguinte »


© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN