en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE

(Venres, 29 de outubro de 2010)

[image]

Introdución e antecedentes
A condución económica consiste en aplicar unha serie de técnicas para reducir o consumo de combustible e a contaminación medioambiental e ademais, conseguir aumentar a seguridade vial e o confort a bordo.

Esta campaña de condución eficiente está enmarcada dentro do Plan de Acción 2008-2012 da estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética (PAE 4+) do Instituto para a diversificación e Aforro da enerxía (IDAE) correspondentes ao exercicio 2010.
Dentro da comunidade autónoma de Galicia, esta campaña está liderada polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

[image]

Fonte: FAIMEVI Supostos: Diésel (6,5 l/ 100 km. Custe do Diésel: 0,95 euros/l); Gasolina (8 l/100 km. Custe gasolina sen chumbo: 1,03 euros/l).

A isto hai que sumarlle os enormes beneficios medioambientais que pode supoñer realizar unha condución eficiente. Con iso lograríase unha redución das emisións de CO2 de 6,3 millóns de toneladas, equivalentes a plantar 48 millóns de árbores en España que ocuparían o 20% da superficie da provincia de Pontevedra ou o 45% da de Guipúscoa. A isto engádese o grave problema da contaminación acústica: o ruído provocado por un coche a 4.000 rpm, equivale ao de 32 vehículos a 2.000 rpm.

Obxetivos
O obxectivo destes cursos, é realizar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución para promover un cambio de actitude nos usuarios.
Os principais obxectivos que persegue o Plan de Acción da Estratexia para o Aforro e a Eficiencia Enerxética en España 2005-2007 son tomar medidas fronte ao cambio climático mediante a redución de 13,8 millóns de toneladas de CO2, o que implicaría a redución dun 4,7% do consumo final de enerxía e un 20% das importacións de petróleo.
Así mesmo, por sectores proponse reducir as emisións do transporte nun 43,9%, un 25,4% en transformación de enerxía (mediante melloras nos sistemas de produción de enerxía eléctrica) e un 12% no sector da edificación.

Características do curso
O curso vai dirixido a todos os condutores interesados en aprender como conducir de xeito eficiente e económico.
Teñen 2 ou 4 horas de duración en xornada de mañá e ofrecen contidos teóricos e prácticos.
Levaranse a cabo nun percorrido urbano, aproximadamente de 5 a 7 km e que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación na cidade (Cruzamentos, semáforos, prazas, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo:
O curso contará con monitores expertos que explican as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. O alumno terá a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución eficiente no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e logo da sesión teórica.
O número de alumnos por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo, cunha duración aproximada de 15 minutos por persoa.
O curso complétase coa entrega de material de apoio, no que se inclúe un Manual de condución eficiente e un folleto informativo no que se explican os principais criterios e vantaxes da condución eficiente, así como un diploma acreditativo da participación no mesmo.

Inscrición
O único requisito que teñen que cumprir os alumnos é dispoñer de carné tipo B, ser condutor habitual
Se se escolleu a modalidade de catro horas, débese de formalizar o pago da inscrición: 20 €uros. O pago realizarase mediante ingreso na conta aberta en Caixanova
Aos alumnos seleccionados comunicaráselles telefonicamente ou por correo electrónico o lugar, data e hora do curso.
O día do curso terán que levar orixinal e unha fotocopia do permiso de conducir e fotocopia do xustificante do pago do curso.

Para máis información e inscricións, dirixirse a; eficiencia@faepac.og , ou no teléfono 981 102 111

Descargar cartel promocional

Descargar folla de inscripción

 


© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN