en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

Curso POP en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética da USC

(Luns, 15 de outubro de 2007)

O posgrao en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética da USC organiza un título de Máster e un título de Doutor. O Título de máster está estructurado en 6 módulos: Fundamentos en Enerxética, Enerxía e Empresa: Sostenibilidade, Enerxía Solar, Biomasa e Agro enerxía, Enerxía Eólica e Outras Enerxías Alternativas.
Para a obtención do título de l Máster, cada alumno deberá cursar materias dos distintos módulos ata completar os 90 ECTS dos que 30 corresponden ao Traballo Fin de Máster. Deseñáronse tres vías para orientar os estudios do alumno: Orientación en Enerxía Solar, Biomasa e Agro Enerxía ou Enerxía Eólica.
Durante o último cuadrimestre realizaranse os Traballos Fin de Máter de 30 ECTS. O seu tema adecuarase ao perfil cursado polo alumno.
Para a obtención do título de Doutor o alumno deberá cursar un total de 60 ECTS de entre os ofertados segundo acordo entre o Director de Tese e o doutorando.

Máis información:
Cursos POP da USC

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE

(Martes, 3 de xullo de 2007)

[image]

Características do curso

O curso vai dirixido a todos os condutores interesados en aprender como conducir de xeito eficiente e económico.

Teñen 4 horas de duración e ofrecen contidos teóricos e prácticos.

Levaranse a cabo nun percorrido urbano, aproximadamente de 5 a 7 km e que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación na cidade (Cruzamentos, semáforos, prazas, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo:

O curso contará con monitores expertos que explican as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. O alumno terá a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución eficiente no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e logo da sesión teórica.

O número de alumnos por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo, cunha duración aproximada de 15 minutos por persoa.

O curso complétase coa entrega de material de apoio, no que se inclúe un Manual de condución eficiente e un folleto informativo no que se explican os principais criterios e vantaxes da condución eficiente, así como un diploma acreditativo da participación no mesmo.

Para máis información e inscripcións, dirixirse a; tecnico@faepac.og , ou no teléfono 981 102 111

Xornada: La Biomasa como Recurso Energético

(Venres, 13 de abril de 2007)

LUGAR:
Salón de actos del CIEMAT
FECHA:
26 de abril de 2007
HORARIO:
De 9,15h a 14h

máis información: CIEMAT

Financiación e Xestión de Proxectos de Enerxías Renovábeis

(Xoves, 19 de abril de 2007)

En Madrid, Hotel Holiday Inn, Plaza Carlos Trías Bertrán nº 4

Organiza:
Intereconomía Conferencias
Pº da Castellana, 36-38 10ª pl. - 28046 Madrid
Teléfono: 902 100 091
Fax: 902 550 351
E-mail: conferencias@intereconomia.com
Web: http://www.intereconomiaconferencias.com

Instalacións Solares Térmicas

(Mércores, 18 de abril de 2007)

Horario lectivo: 12 horas

Vigo:17 Abril (15:00-19:30) e 18 Abril (9:00-13:30 / 15:00-19:00)

http://www.voltimum.es

Instalacións Solares Fotovoltaicas

(Martes, 17 de abril de 2007)

Seminario de 12 horas ó que se pode asistir en Vigo do 16 Abril (9:00-13:30 / 15:00-19:00) ó 17 Abril (9:00-13:30)

Máis información na web http://www.voltimum.es

 


© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN