en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

(Mércores, 9 de abril de 2008)

Estas axudas teñen por obxecto fomenta-la investigación, desenrolo e innovación en enerxía e cambio climático, no marco do Plan Nacional de Investigación Cientifica, Desenrrolo e Innovación tecnolóxica.
Este programa está orientado a empresas, PEMEs, centros tecnolóxicos, centros de investigación, e outras entidades de dereito público.

As devanditas subvencións, divídense en vários campos de aplicación:
a) Eficiencia enerxética, enerxías renovábeis e tecnoloxías para a combustión limpa ou tecnoloxías emerxentes.
b) Movilidade sostible e cambio modal de transporte
c) Edificación sostible
d) Mitigación non enerxética do cambio climático

Esta orde, queda pendente das convocatorias que fagan cada un dos ministerios implicados.

O texto compreto da orde, pódese descargar no seguinte enlace:

Axudas I+D+I enerxía e cambio climático

AXUADAS A PROXECTOS XERADORES DE EMPREGO EN ZONAS MINEIRAS

(Xoves, 13 de marzo de 2008)

O "Instituto para a Reestructiración de la Minería del Carbón y Desarrollo Alternativo de las Comarcas Mineras" vende publicar a resolución que axudará a finanzar proxectos de creación de emprego en comarcas mineiras, coma Cerceda Ou As Pontes.

As axudas están dotadas de 45.000.000 €, e van destinadas a financiar proxectos de empresas que esten amparadas no apartado octavo da orde ITC/1044/2007.

O prazo para a solicitude destas axudas remata o vindeiro 1 de abril de 2008.

Pola súa banda, o ministerio de industria, a modo de complementación, ven de publica-las axudas destinadas a complemeta-lo cese de extración do carbón autóctono.
Estas axudas van en función das termias repercutidas non extraídas.

Nos seguintes enlaces, pódense descarga-los documentos oficiais de ámbolas dúas axudas.

Axudas a proxectos empresariais en concas mineiras
Axudas ao cese de extracción de carbón

(Xoves, 6 de marzo de 2008)

O instituto para a diversificación e aforro enerxético (IDAE) acaba de sacar unha bolsa de 3.000.000 € para financia-lo seu << Depósito IDAE de Eficiencia Energética y Energías Renovables>>.
Tratase de animar a empresas (PEMES)e particulares a que fagan un proxecto de aforro enerxético, ou que invistan en enerxía renovábeis. Para elo os solicitantes deben de contratar un deposito en calqueira das dúas entidades colaboradoras (Banesto e B. Santander)

O rendemento do depósito está garantido no 7%, para esto o IDAE comprometese a aporta-la diferenza do que aporte a entidade bancaria, ata completar o 7%.

O prazo do depósito é dun máximo de dous anos, con unha aportación máxima de 300.000 €, e un mínimo de 10.000 €.

Máis información:
IDAE

Disposición legal:
Publicación BOE

Publicadas as axudas as actividades mineiras de 2008 a 2010

(Luns, 17 de decembro de 2007)

O ministerio de industria, acaba de publicar no BOE do pasado sábado, as axudas destinadas a amortiza-los custos que ten a extracción de carbón nacional.
No seguinte enlace podedes dispoñer da disposición legal completa


descargar documento

(Luns, 29 de outubro de 2007)

O IDAE, Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético, dependente do ministerio de industria, acaba de saca-la convocatoria dos premios «Premios IDAE a la Eficiencia Energética y Sostenibilidad de los municipios Españoles, hacia un urbanismo sostenible»

Estes premiso están orientadas a entidades locais, ben sexan concellos, mancomunidades, comarcas, deputacions, etc.Convocanse en cinco categorías:

a) Premio IDAE á edificación sostible
b) Premio IDAE á movilidade sostible
c) Premio IDAE ao deseño do espazo público máis eficiente enerxéticamente.
d) Premio IDAE ao plan urbanístico sostible en concellos menores o iguais a 50.000 habitantes
e) Premio IDAE ao plan urbanístico sostible en concellos maiores de 50.000 habitantes.

Pode consulta-lo texto completo no BOE do 26 de outubro, se precisa os documentos para solicita-la súa participación, non dubide poñerse en contacto connosco.

Disposición Legal

IDAE

(Domingo, 21 de outubro de 2007)

Estas axudas tratan de corrixir desequilibrios ligados á actividade industrial que específicamente se dan nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, sometidas noss últimos anos a un proceso de reestructuración, sobre todo no sector público naval e mineiro.

Disposición legal:
descargar documento

Solicitude e información:
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio

(Venres, 28 de setembro de 2007)

Axudas á substitución de luminarias de semáforos por tecnoloxía led, destinadas a concellos.
O IDAE acaba de sacar unha liña de axudas para os concellos.
Con estas axudas pretendese cambia-las lámparas dos semáforos, por lámparas de tecnoloxía led.
Podes baixa-la disposición aquí:

Texto Boe
Anexo para solicitude

Axudas para proxectos empresariais que promovan o desenrrolo alternativo nas zonas mineiras

(Luns, 23 de abril de 2007)

ORDEN ITC/1044/2007, de 12 de abril, por la que se
aprueban las bases reguladoras para la concesión de ayudas
dirigidas a proyectos empresariales generadores de
empleo, que promuevan el desarrollo alternativo de las
zonas mineras, para el período 2007-2012.

Mais información en info@faepac.org

(Martes, 17 de abril de 2007)

O Ministerio de Industria ofrece un xugoso regalo ás empresas eólicas na proposta de decreto sobre a retribución das enerxías renovábeis

Fonte: Ask

 


© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN