Os máis pequenos poden recuncar neste espazo cos xogos e vídeos educativos fornecidos polo IDAE.
Watiópolis |
| ||||||
Neste xogo pódese xestionar enerxéticamente unha pequena cidade e convertila nunha gran urbe, pero tamén pódese observar cómo é difícil conciliar esta tarefa coa eficiencia enerxética e o desenvolvemento sostíbel. O xogador pode tomar decisións para gañar o xogo, que sempre deberán supor o bon uso da enerxía para un final feliz. | |||||||
A Casa do Profesor Efi |
| ||||||
É un xogo que aborda la utilización enerxética no fogar, os seus usos e aplicacións. Describe conceptos e promove actitudes respecto a conceptos como: iluminación, calefacción, ar acondicionado, electrodomésticos, ACS e aforro de auga, enerxía solar térmica, etc. | |||||||
TráficoTolo |
| ||||||
Este xogo é unha aproximación ás dificultades que xenera nas cidades o escaso uso do transporte público e de cómo a xestión do tráfico nunha destas cidades pode ser máis complicada do que parece. | |||||||
TripleR |
| ||||||
Este xogo está baseado na aplicación da regla da triple R para a lixo doméstico: reducir, reciclar e reutilizar invitando aos xogadores a reciclar o máis aprisa posibel tódolo lixo da súa casa. | |||||||
Viaxe ao través das Enerxías |
| ||||||
Trátase dunha Web educativa sobre o uso racional da enerxía e as enerxías renovábeis producida polo IDAE. Trata, na medida das súas posibilidades, de xogar un papel dinamizador da nosa sociedade, aportando información, formación e coñecemento e tratando de suxerir respostas e actuacións que colaboren nalgunha medida a incrementar o grado de concienciación que a sociedade necesita para afrontar con garantías de éxito o gran reto que ten por diante. | |||||||
Aforra enerxía na mellor compañía |
| ||||||
Espazos audiovisuais adicados á promoción dos hábitos de aforro enerxético entre a poboación infantil. | |||||||
Aforra enerxía na mellor compañía |
| ||||||
Espazos audiovisuais adicados á promoción dos hábitos de aforro enerxético entre a poboación infantil. | |||||||
Aforra enerxía na mellor compañía |
| ||||||
Espazos audiovisuais adicados á promoción dos hábitos de aforro enerxético entre a poboación infantil. | |||||||
Aforra enerxía na mellor compañía |
| ||||||
Espazos audiovisuaies adicados á promoción dos hábitos de aforro enerxético entre a poboación infantil. | |||||||