A enerxía solar é a enerxía que, producida polas reacións de fusión nuclear que se producen no sol, chegan a nós en forma de fotóns, que se poden aproveitar para producir calor ou electricidade.
No caso da solar térmica, o aproveitamento da enerxía é para producir calor. O sistema que se emprega, é o de quentar un líquido caloportador (en xeral auga con anticonxelante) e transmitir este calor a unha fonte de auga, que se empregará como auga de consumo, ou para calefacción.
O sistema divídese en varias partes:
Este tipo de sistema, pódese empregar tanto en vivendas unifamiliares ou en edificios, de feito o Código Técnico da Edificación (CTE), obriga ás novas construcións a dotarse de sistemas de apoio solar, para a produción de auga quente sanitaria.
En usos industriais, tamén é aplicable a enerxía solar, onde se precise auga quente en grandes cantidades, ou auga a gran temperatura, pódense deseñar instalacións que cumpran á perfección estes obxectivos.