en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

Solar Fotovoltáica

 Empregando paneis fotovoltaicos, podemos transformar a radiación do sol en enerxía eléctrica. Un panel fotovoltaico está formado por células fotovoltaicas, feitas con dous tipos de silicio (P e N), e unidas por un medio neutro, ao incidir nestas células a luz do sol, provoca unhas reacións, que levan coma fin un tráfico de electróns que producen electricidade. Segundo o tipo de silicio que forman as células, os paneis divídense en monocristalinos, policristalinos e de silicio amorfo.

 Non toda a enerxía recibida se transforma en electricidade, de feito nos paneis monocristalinos só se transforma o 25% da enerxía recibida. O 20% nos paneis policristalinos, e ao redor dun 12% nos de silicio amorfo.

 A enerxía producida por este sistema se pode acumular en baterías, ou vertela á rede, previa transformación, o prezo das primas están estipuladas por lei, (neste momento son o 525% do prezo do kilowatio en compra).

 Un sistema de enerxía solar fotovoltaica, conectado á rede tería as seguintes partes:

  • Captación: formado por paneis solares de silicio, conectados ben en serie ou ben en paralelo

  • Inversor: aparello que transforma a corrente continua dos paneis, en corrente alterna (a que usamos nas nosas casas)

  • Contador: amosa a cantidade de enerxía que lle vendemos à compañía subministradora

 Os sistemas de enerxía solar fotovoltaica illada, componse dos seguintes elementos:

  • Captación: formado por paneis solares de silicio, conectados ben en serie ou ben en paralelo

  • Baterías: acumulan a enerxía que producen os paneis

  • Regulador: encárgase de cargar as baterías, e de sacar o consumo que se lle solicite

  • Inversor: ao igual que no sistema conectado á rede, este aparello transformará a corrente continua dos paneis, en corrente alterna. Non é un dispositivo que precisemos, se todo o consumo eléctrico o facemos en corrente continúa

 A nivel industrial, existen plantas xeradoras de electricidade por medio de paneis solares fotovoltaicos, denominadas “hortas solares”. Na nosa provincia ainda non dispoñemos de ningunha instalación deste tipo.

 



Utilidades

© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN