A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña FAEPAC, constitúese o 10 de maio de 2006 coma unha institución sen ánimo de lucro, administrativa e legalmente independente e autónoma. Segundo a Orde do 28 de xullo de 2006 clasifícase como de «interese industrial» adscribíndose á Consellería de Innovación e Industria, que terá que exercer o protectorado sobre ela e o 15 de setembro de 2006 declárase de «interese galego» e ordénase a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
A Axencia Enerxética Provincial da Coruña forma parte dun consorcio transnacional con tres axencias da enerxía europeas para levar a cabo o proxecto «Enerxía Intelixente para Europa IEE» onde a Deputación Provincial de A Coruña liderou o nacemento e actúa como coordinadora das axencias ante a Comisión Europea durante os tres primeiros anos:
O ámbito xeográfico no que a FAEPAC desenvolve as súas actuacións é o territorio da provincia da Coruña.