O desenvolvemento económico experimentado nos últimos anos polo noso país disparou o consumo da enerxía. De ahí a necesidade de establecer unha política enerxética que asegure o suministro, a súa calidade, a diversificación de fontes enerxéticas e todo dun xeito máis eficiente e respetuoso co medio ambiente.
O Plan Enerxético da Provincia da Coruña 2007-2009 pretende ser o punto de referencia para futuras actuacións que satisfagan os obxectivos anteriores. Para elo, despois de definir o contexto enerxético que presenta A Coruña e a partir deste estímase a demanda de enerxía para o ano 2011 para, finalmente, establecer plans de actuación que permitan cubrir de forma máis eficaz e limpa posible esta demanda.