Na actualidade faise distinción desta enerxía en función do seu tamaño e potencia:
É verdadeiramente respectuosa co medio ambiente. O impacto que poda producir é pequeno, minimizábel e en moitos casos evitábel do todo (escalas para peixes, caudal ecolóxico, soterramento de canais de derivación ou canalizacións forzadas, pantallas vexetais, repoboación arbórea, etc.)
Existen fundamentalmente dous tipos de centrais hidroeléctricas:
Nas centrais de auga fluinte o esquema básico das mesmas acostuma contar con todos ou algúns dos seguintes elementos: un azud ou encoro de derivación, que desvía parte do caudal a través dun canal ou canalización cara unha cámara de carga; desta parte unha canalización forzada que conduce a auga ata a turbina. Esta atoparase no edificio da central xunto co xerador eléctrico e os elementos auxiliares. Por último, un canal de descarga devolve a auga ao cauce do río.
A potencia dunha central hidroeléctrica depende do caudal que poda turbinar e do salto, é dicir, da diferencia de cotas da auga á entrada e á saída da central. En función de tales parámetros (salto e caudal) escollerase o tipo de turbina mais adoitada. Para coñecer correctamente as características de determinado aproveitamento, é necesario dispor de datos de polo menos vinte anos hidrolóxicos.
Os sistemas hidroeléctricos relativamente pequenos poden fornecer a aldeas interiores. Por exemplo, unha central de 500 kW pode fornecer de electricidade a 800 persoas. A fonte de enerxía pode ser un regato, un canal ou outra forma de corrente que poida subministrar a cantidade e a presión de auga necesarias, a través da canalización de alimentación, para establecer a operación do sistema hidroeléctrico
Unha vez que a auga dun caudal entra na canalización de alimentación, é transportada ata o rodete da turbina no outro extremo. A turbina, á súa vez, impulsa o xerador e prodúcese enerxía eléctrica. Hai tres tipos principais de turbinas:
As turbinas empregadas nas centrais minihidráulicas divídense en dous tipos:
As máis utilizadas entre as de reación son a turbina Francis e a turbina Kaplan. Estas acostuman ter catro elementos fundamentais: carcasa ou caracol, distribuidor, rodete e tubo de aspiración.