Este elemento químico, é sen dúbida o recurso enerxético que nun futuro, non moi lonxe, moverá gran parte do mundo. O hidróxeno por si mesmo, non constitúe unha fonte de enerxía, senón que é un vector enerxético, e dicir, non se pode aproveitar directamente, hai que transformalo.
O potencial enerxético do hidróxeno basease na súa reación co osíxeno, dando como produto electricidade e como resíduo auga.
O hidróxeno pódese usar como compoñente para combustión, en ciclos combinados, en combustión catalítica, ou como é a súa maior aplicación, en pilas de combustibel.
Unha pila de combustible é un dispositivo que produce, por medio dun proceso de reación química, o hidróxeno en electricidade.
Un dos compoñentes da reación química é o osixeno, e outro o hidróxeno. O resultado da reación é a produción de electricidade e auga, tamén se producen outros subproductos en menor medida.
As pilas de combustible non son baterias, que se abafan e se recargan, senón que namentres subministremos hidróxeno e osixeno, non parará de producir electricidade.
Para que o hidróxeno reacione co osixeno, de xeito correcto, o proceso tense que facer nun medio axeitado, para elo empréganse electrólitos. Atendendo a natureza do electrólito, as pilas clasifícanse segundo a séguente táboa:
Na actualidade, hai moitos proxectos en estudo e desenvolvemento, tanto na área dos transportes por estrada, como nas industrias. Na nosa provincia nestes días estase a desenvolver unha actividade de estudo do uso da enerxía eólica para producir hidróxeno no parque eólico experimental Sotavento.
Cabe destacar, que algunhas firmas de móbiles, xa teñen no mercado teléfonos celulares con pilas de combustible.
Axudas autonómicas
ver máis