Ao longo da historia, o home valeuse deste tipo de enerxía para facer tarefas de moenda ou forxa, ou para trata-lo liño antes de fialo.
É sabido por todos que os nosos ríos e regatos están cheos de pequenos muíños, a maioría en estado de ruína, estes enxeños son o reflexo do aproveitamento sostibel dos cauces dos ríos.
Hoxe a enerxía dos ríos, divídese en:
A enerxía hidráulica é a que se obtén da caída da auga dende certa altura a un nivel inferior o que provoca o movemento de rodas hidráulicas ou turbinas. A hidroelectricidade é un recurso natural dispoñíbel nas zonas que presentan suficiente cantidade de auga. O seu desenvolvemento require a construción de pantanos, encoros, canais de derivación.
Todo isto implica unha gran inversión económica polo que non resulta competitiva en rexións onde o carbón ou o petróleo son baratos, aínda que o custe de mantemento dunha central térmica, debido ao combustíbel, sexa máis caro que o dunha central hidroeléctrica.
A potencia obtida a través dos recursos hidráulicos depende do volume de auga que flúe por unidade de tempo e da altura de caída desta. Unha central hidroeléctrica consiste nun conxunto de obras destinadas a converter a enerxía cinética e potencial da auga, en enerxía utilizábel como é a electricidade. Este transformación realízase a través da ación que a auga exerce sobre unha turbina hidráulica, que á vez lle aporta movemento rotatorio a un xerador eléctrico.
¿Como funciona unha central hidroeléctrica?
As centrais dependen dun grande encoro de auga contida por unha presa. O caudal de auga pódese controlar e manter case constante. A auga se transporta por uns condutos ou canalizacións, controlados con válvulas e turbinas para adecuar o fluxo de auga en relación á demanda de electricidade. A auga que entra na turbina sae polos canais de descarga. Os xeradores están situados xusto encima das turbinas e conectados con árbores verticais. O deseño das turbinas depende do caudal de auga; as turbinas Francis e Kaplan utilízanse para caudais grandes e saltos medios e baixos, e as turbinas Pelton para grandes saltos e pequenos caudais.
As turbinas hidráulicas empréganse para aproveitar a enerxía da auga en movemento. A turbina Kaplan é semellante a unha hélice dun barco. As amplas palas ou álabes da turbina son impulsadas por auga de alta presión liberada por unha comporta. A turbina Pelton é un modelo do século XIX cuxo funcionamento é mais semellante ao dun muíño de auga tradicional. A roda xira cando a auga procedente do conduto forzado peta as súas paletas ou pas.
Para a formación dun salto de auga é preciso elevar o nivel superficial desta sobre o nivel normal da corrente, atallando a auga cun encoro para producir o salto total utilizábel no mesmo encoro ou contribuír a este salto, derivando á vez as augas por un canal de derivación de menor pendente que o cauce do río. As augas do canal de derivación hai que conducilas ás turbinas e, para iso, nos saltos menores duns 12 m, a auga desemboca directamente na cámara de turbinas e, nos saltos superiores a 12 m, acaba nun ensanchamento chamado cámara de presión desde onde parte a canalización a presión que en condución forzada, leva a auga ás turbinas. A auga sae a grande presión pola tobeira e impulsa os álabes que fan xirar un eixo e o xerador, á saída das turbinas, a auga pasa a un canal de desaugüe polo que desemboca novamente no río.
Vantaxes
Desvantaxes