NOVAS
5ª REUNIÓN TRANSNACIONAL DE SOCIOS EUROPEOS
A reunión levouse a cabo os días 22 ó 24 de Abril do 2009 en Popovo(Bulgaria).
Nela as catro axencias locais enerxéticas incluídas no proxecto europeo
estiveron presentes. Durante as reunións onde se falou da marcha do proxecto e actividades pendentes, tódolos socios manifestaron o seu interese en continuar traballando xuntos na proposta de novos proxectos.
European Union Sustainable Energy Week 2009
FAEPAC estivo presente na Semana da Enerxía Sostible celebrada en Bruselas na semana do 9 ó 13 de Febreiro de 2009.
FAEPAC asiste á reunión celebrada en Bruselas os días 4 e 5 de Decembro de 2008 no marco do proxecto ASPIRE como socio de nivel 3.
O primeiro día adicouse a diferentes reunións con tólodos socios do proxecto segundo a axenda fixada con antelación.
O segundo día adicuouse a diferentes presentacións feitas por algúns dos socios do proxecto ASPIRE e tamén por persoal do DGTREN e o director de ISLENET. Axenda.
FAEPAC asiste ó encontro que ten lugar en Bruselas os días 16 e 17 de Setembro de 2008 con motivo do "IEE contractors' meeting for local and regional energy agencies".
O primeiro día asisteuse a una serie de conferencias onde se presentan as últimas novas por parte de DG TREN e de EACI. Antes da comida preparáronse as mesas de traballo nas que se participaría ó longo da tarde.
O segundo día adícase a coñecer as iniciativas e programas da Unión Europea. Tamén se fixo un resumo das conclusións ás que se chegou nas mesas de traballo. Axenda.
4ª REUNIÓN TRANSNACIONAL DE SOCIOS EUROPEOS
A reunión levouse a cabo os días 14 e 15 de Mayo do 2008 en Rzeszóv (Polonia). Nela as catro axencias locais enerxéticas incluídas no proxecto europeo estiveron presentes.
Ademáis das reunións mantidas entre os membros das axencias e as autoridades locais, aproveitouse a viaxe para visitar empresas relacionadas co sector enerxético sitas na rexión: visita a Eko Top (planta de combustión de residuos médicos), planta de Coxeración Eléctrica de Rzeszów, Bóbrka (museo do petróleo) e á central hidroeléctrica Solina.
3ª REUNIÓN TRANSNACIONAL DE SOCIOS EUROPEOS.
Durante a celebración da Energy Week 2008 en Bruselas os socios transnacionais aproveitaron a ocasión para ter un encontro co que dar un novo impulso ós proxectos levados a cabo polas 4 axencias locales que participan no proxecto europeo.
Nesta reunión as 4 axencias estaban representadas, tamén estivo presente a representate da comisión europea, Vassilia Argyraki. (foto)
European Union Sustainable Energy Week 2008
FAEPAC estivo presente na Semana da Enerxía Sostible celebrada en Bruselas na derradeira semana de Xaneiro e a primeira de Febreiro de 2008.
2ª REUNIÓN TRANSNACIONAL
A axencia enerxética FAEPAC (As
Pontes de García Rodríguez, España) recibiu ós integrantes das outras 3
axencias enerxéticas na 2ª reunión transnacional. A reunión levada a cabo
tivo lugar nas instalacións da Casa da Enerxía durante os días 9 e
10 de maio de 2007 en As Pontes.
O obxectivo da reunión foi a presentación das actividades desenroladas durante o primeiro semestre do ano 2007, así como o estado das contas, os obxectivos marcados e, finalmente, a coordinación para o envío do informe inicial de actividades por parte das catro axencias.
Asemade realizouse unha reunión co alcalde de Cerceda.Aproveitando a reunión de tódolos socios fixéronse tamén visitas a empresas: á planta de tratamento de residuos de Sogama é á central de Meirama.Do 12 ó 15 de Decembro de 2006 a axencia enerxética de South Ostrobothnia (Lapua, Finlandia) exerceu de anfitrión das 4 axencias integrantes do proxecto, realizándose unha reunión onde se perseguían os seguintes obxectivos: