Ao igual que a enerxía dos ríos, a enerxía eólica leva acompañando ao home perante séculos, movendo aspas de muíños, ou empurrando as velas de barcos milenarios.
Na actualidade a enerxía eólica representa a enerxía renovábel que máis avances técnicos experimentou.
Os pais da nova enerxía eólica, están sen dúbida en Dinamarca, e co seu grande precursor Poul la Cour (1846-1908).
O vento é fundamentalmente, unha consecuencia da radiación solar que incide sobre a Terra e que orixina o quentamento das masas de ar que a circundan. Ao quentar de forma desigüal a superficie do planeta en función da latitude, provócanse unhas diferenzas de presión que o fluxo de ar tende a igualar. Débese á enerxía cinética do ar, a potencia que se obtén é directamente proporcional ao cubo da velocidade do vento, por tanto pequenas variacións de velocidade, dan lugar a grandes variacións de potencia.
Para a produción eléctrica se utilizan unhas máquinas que se denominan aeroxeradores.
Existen dous tipos de instalacións eólicas:
O desenvolvemento tecnolóxico actual, así como un maior coñecemento das condicións do vento nas distintas zonas, esta permitindo a implantación de grandes parques eólicos conectados á rede eléctrica en todas as comunidades autónomas.
En resumo a máquina eólica se divide nestes elementos: