O crecente desenvolvemento industrial da nosa sociedade, así como os avances na calidade de vida e confort, producen un incremento no consumo das enerxías, en especial da electricidade e combustibles de locomoción. Tamén o constante uso de enerxías fósiles, como carbón, gas e petróleo levan consigo un aumento dos gases de efecto invernadoiro, que contribúen ao quentamento global do planeta, así aumentan os gases contaminantes derivados da queima de sulfuros.
En resposta a estes problemas, no século pasado, o home entendeu que non se podía progresar a costa do planeta, polo que naceron plans e programas do fomento de enerxías limpas.
As enerxías renovábeis se definen como as que se producen de forma continua, son inesgotábeis e o sol está na orixe de todas elas. A avantaxe principal das enerxías renovábeis é a do seu menor impacto ambiental porque reducen a emisión de productos contaminantes á atmosfera pero ademais a distribución xeográfica é menos concentrada, son autóctonas, e poden producirse a pequena escala”