O mar é sen dúbida unha das fontes potenciais de enerxía máis grandes que existen, dende o seu aproveitamento como emprazamento de parques eólicos “off-shore” ata o aproveitamento das mareas ou das ondas, presentan un panorama de futuro, cheo de expectativas, aínda que na actualidade non exista un desenvolvemento tecnolóxico axeitado.
Históricamente na provincia de A Coruña, existen instalacións que aproveitaban este tipo de enerxía, como os muíños de Acea da Ma, en Culleredo ou o muíño das Aceñas en Narón. En ámbolos dous casos aprovéitase a subida das mareas para move-los rodicios.
Segundo o tipo de aproveitamento, a enerxía do mar divídese en:
A central máis grande do mundo, de este tipo, atópabase en Francia, no estuario de Rance, tiña unha potencia instalada de 240 Mw e pechou despois de varias décadas funcionando.
A pranta máis grande do mundo, atopase en Wizhinja (India) con unha potencia instalada de 150 Kw.
Fonte: INEGA
Outro tipo de tecnoloxía usada é a que aproveita o movemento superficial das ondas, usando grandes cilindros para aproveita-la diferencia de altitude que se produce entre os picos das ondas, e así comprimir o ar, que a súa vez moverá as turbinas que xenerarán a electricidade. Hai varias instalacións deste tipo en Europa, en Escocia e Portugal, sendo esta última a mais grande delas con unha potencia de 3 Mw, na primeira fase, dun proxecto que chegará aos 24 mw (proxecto Pelamis).
Aproveitamento do grádente térmico do mar; a diferencia de temperaturas, entre a auga da superficie, e a auga das profundidades mariñas pode ter máis de 20 ºC nunha distancia inferior a 100 metros. Estes cambios tan bruscos de temperatura, prodúcense e zonas tropicais, sendo moito menor, nas augas distantes do ecuador.
Este sistema basease na condensación de gases a partir da auga fría, e súa evaporación por medio da auga cálida, neste proceso, libérase enerxía.
Na actualidade existe unha planta de 1 Mw na costa de Hawai, e outro similar no Xapón.