Biomasa
A utilización da biomasa como fonte de enerxía acompaña ao home dende o principio dos tempos, dende que o home aprendeu a utilizar o lume para o seu beneficio, consiste no aproveitamento da materia procedente da fotosíntese vexetal, que a súa vez é desencadenante da cadea biolóxica. As plantas, que conteñen clorofila, transforman o dióxido de carbono e a auga en material orgánico de alto contido enerxético mediante a fotosíntese
Este material pode ser posteriormente transformado en enerxía térmica, eléctrica ou biocarburantes. A biomasa pola súa orixe, divídese en animal e vexetal, sendo esta última a que máis aplicacións ten hoxe en día
As fontes de obtención de biomasa, máis salientables, son as seguintes:
Residuos forestais: proceden das intervencións do home sobre os montes (podas, rozas, limpezas, rareos)
Residuos agrícolas: poden ser excedentes de palla de cereais, forraxes, residuos de podas de viñedos; ou un dos máis usados, que é o óso das olivas
Residuos Sólidos Urbanos (RSU): Na provincia de A Coruña temos dous exemplos de como se aproveita este combustible, un na planta que SOGAMA ten en Cerceda, e outro na planta de RSU de Nostián, en A Coruña
Cultivos enerxéticos: son plantas cultivadas co obxecto de ser aproveitadas como biomasa transformable en biocombustible. Os máis utilizados son a cana de azucre, algúns cereais (avea, trigo, cebada, millo), o cardo, a remolacha de azucre, xirasol, etc.
Noutras latitudes, investigan co uso de palmeiras, ou froitos como a xoxoba.
Unha vez obtida a biomasa, a súa transformación en enerxía se pode facer de moitas maneiras, as máis comúns son as seguintes:
Métodos termoquímicos, segundo sexa a orixe da biomasa, pódese facer por combustión, como se fai nas caldeiras de calefacción doméstica de leña, ou nas plantas de biomasa como a que existe en Allariz (Ourense)
Gasificación/Pirólise: aplícanse temperaturas elevadas con poucas cantidades de oxíxeno, liberando no proceso monóxido e dióxido de carbono, hidróxeno e metano, tamén se pode obter como residuo do proceso, carbón vexetal
Métodos biolóxicos ou químicos: baséanse na aplicación de microorganismos que contribúen ao proceso de degradación da biomasa, obtendo produtos de alto contido enerxético. Os que máis se utilizan son os seguintes:
Fermentación alcohólica: neste proceso con diferentes fases de fermentación se transforma o carbono acumulado nas plantas, en alcohol segundo o tipo de biomasa; estes procesos teñen un consumo enerxético que pode non cumprir cos parámetros renovábeis. Deste xeito se consiguen os biocrburantes tales como bioetanol ou biodiesel
Fermentación metánica, ou dixestión anaerobia: neste proceso, entran como parte activa, determinados microbios, que en ausencia de oxíxeno xeneran gases coma o metano e o dióxido de carbono. Este proceso úsase nas plantas de biodixestión de residuos urbáns, nas depuradoras de augas residuais, e na fermentación de residuos gandeiros.
Os combustibles que se obteñen con estes procesos teñen moitas vantaxes medio ambientais, A emisión de xofre á atmosfera coa combustión é escaso, non liberan partículas, e a produción de cinzas è reducido, e estas pódense reutilizar coma compost ou abonos.
Utilidades