Os biocombustibles son os combustibles que se producen a partir da biomasa e que se consideran polo tanto unha enerxía renovable. Pódense presentar en estado:
Dentro dos biocombustibles, os biocarburantes abarcan o subgrupo caracterizado pola posibilidade da súa aplicación aos actuais motores de combustión interna (motores diésel y Otto). Normalmente preséntanse en estado líquido. Os biocarburantes proceden de materias primas vexetais, a partir de transformacións biolóxicas e físico-químicas.
Neste momento atopanse desenvoltos dous tipos:
O produto obtido, é un substituto do diésel normal, aínda que de momento soe empregarse mesturado con este, en proporcións dun 50%, a partir da transesterificación de aceites vexetais e grasas animais con un alcohol lixeiro, coma metanol ou etanol.
En España no ano 2004 se produciron 13.000 toneladas de biodiésel (Fonte: eurObserver)
Sen embargo, noutros cultivos coma nos cereais a enerxía se atopa almacenada coma carbohidratos máis complexos como o almidón, que ten que ser hidrolizado antes da súa fermentación a bioetanol, e que se utiliza coma aditivo nas gasolinas. Este composto suple os tradicionais combustibles fósiles e melloran o comportamento ambiental destes.
Producíronse 194.000toneladas durante o ano 2004 en España (Fonte: eurObserver)
O biogás obténse pola descomposición da materia orgánica, principalmente nas augas residuais (as depuradoras teñen un enorme potencial), os residuos gandeiros, os residuos biodegradables industriais (coma os derivados da industria cervexeira, azucareira, etc.), en condicións anaeróbicas e por ación directa de microorganismos, a composición soe ser de metano (CH4) entre un 50 e un 75%, e dióxido de carbono (CO2) entre un 25 e 50 % ademais tamén pode conter hidróxeno e sulfuro de hidróxeno, en pequenas concentracións.
O valor calorífico do biogas, e de aproximadamente 6 Kwh/m³

Planta de Bioetanol en Teixeiro, Curtis (Galiza) Fonte: Abengoa