O documento de traballo “Estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2004-2012”, elaborado polo Ministerio de Economía, considera prioritario realizar auditorías enerxéticas nas industrias para alcanzar os obxectivos fixados por este organismo público para o sector.
FAEPAC ofrece o servicio de auditoría enerxética para administracións e empresas.
Estas asuditorías teñen como misión coñece-los consumos de enerxía dentro da empresa ou institución, evalua-lo seu aforro, e ofrecer sistemas que melloren o rendemento enerxético do conxunto.
As auditorías pódense facer en:
colexios
dependencias municipais
alumeados públicos
explotacións agricolas
factorías da madeira
Auditorías enerxéticas municipais
Coa finalidade de avaliar da forma máis eficaz posible as actuacións a realizar
sobre as instalacións de consumo enerxético de cada un dos 4 concellos
afectados, incidindo máis significativamente sobre as zonas máis prioritarias
destes, unha das actuacións primordiais a executar será a realización de
auditorías que valoren o estado actual das instalacións, dende o punto de vista
enerxético, e permita ademais establecer os mecanismos de análises precisas que
posibiliten unha xestión máis axeitada sobre estas instalacións no futuro. A
falta de información clara e precisa sobre o tipo de instalacións de consumo
enerxético e o seu rendemento nos concellos obxecto deste estudio, esixe sen
demora a realización de estudios e análises detalladas que ofrezan os datos
necesarios para poder intervir axeitadamente sobre estas infraestruturas,
garantindo a máxima eficacia nas actuacións e optimizando os investimentos
realizados por unha clara orde de prioridades segundo a vantaxe das medidas a
levar a cabo.
As auditorías enerxéticas permitirán coñecer cáles son os puntos
críticos de cada un dos concellos nas súas instalacións de consumo enerxético e
inverter primeiramente nos que presenten maiores carencias ou acheguen maiores
beneficios. As limitacións presupostarias non permitirán actuar sobre a
totalidade de problemas que se detecten pero coñeceranse e reflectiranse as
vantaxes que representará inverter en solucionalos.
O plan económico - financeiro e análise de amortización é importante
para facer ver aos concellos as melloras conseguidas con este tipo de
actuacións. Algún dos puntos a detectar mediante as auditorías serán:
- Substitución
en iluminado público de lámpadas de VMcc por VSAP posto que dado o baixo custo
que isto leva consigo obtéñense uns importantes aforros tanto directos
(enerxía) como indirectos (mantemento). Esta medida é importante posto que a
iluminación pública pode chegar a supoñer nun concello o 60% do gasto
enerxético.
Por outro lado, situar xeograficamente cada
un dos problemas detectados permitirá a posibilidade de actuar rapidamente
sobre eles.
2. Análise da facturación eléctrica e optimización da contratación:
Os escasos recursos técnicos que posúe a
maioría dos concellos obxecto deste proxecto, así como a inercia nos sistemas
de contratación dos servizos de enerxía, obrigan a estudar detidamente a
facturación de consumo enerxético nos servizos municipais e axustala ás
potencias realmente demandadas. Por outro lado a liberalización do mercado de
consumo de enerxía eléctrica invita a que os municipios analicen detidamente as
novas posibilidades de contratación de forma que consigan as condicións máis
axeitadas ás súas necesidades.
Tamén na factura é importante vixiar se
existen penalizacións por consumo de enerxía reactiva que suxerirían a
instalación de baterías de condensadores.
3. Proposta dos investimentos necesarios:
Unha vez que se dispoña das características
das instalacións e se detecten as deficiencias existentes, farase unha
priorización das accións a acometer sobre elas, establecendo un conxunto de
medidas a afrontar en cada municipio, valorando o seu custo.
4. Valoración dos aforros previstos:
Para xustificar a necesidade dos
investimentos propostos, farase unha análise dos aforros enerxéticos,
económicos e ambientais que se prevé obter tras a execución das medidas
propostas.
5. Cálculo de prazo de retorno - amortización:
En vista aos aforros económicos que se
obteñan en cada unha das actuacións calcularase o prazo de retorno no que se
amortizará esta inversión, e que por regra xeral neste tipo de infraestruturas
é relativamente pequeno.
A realización de estas auditorías será o punto de partida para a execución
das medidas de cambio, substitución, mellora ou nova instalación dos
equipamentos e infraestruturas que se considere necesario. Así mesmo, o
inventario das instalacións de consumo enerxético que existan no municipio será
a base de información para a súa posterior xestión sistematizada mediante
sistemas informáticos.