en galegoen españolin english

FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña

A Axencia

Pescudar no sitio

Na casa

Consellos sinxelos fáciles de poñer en práctica para aforrar na casa.


Iluminación

O uso da iluminación e un dos puntos que máis inflúe na factura da electricidade, apague as luces cando non as precise, cambie as súas bombillas tradicionais por bombillas de baixo consumo, aínda que son máis caras, duran moito máis, o que fai rendible a súa compra.

A calefacción

É un dos elementos que máis enerxía consume no fogar. Debemos de manter unha temperatura de conforta axeitada, a temperatura de referencia anda polos 20º. Temperaturas máis altas fan que o consumo aumente considerablemente.

Electrodomésticos

O vídeo, DVD ou o sintonizador de televisión dixital, cando os apagamos co mando a distancia, en realidade non se apagan, se non que pasan a un modo de espera, polo que seguen a consumir enerxía, esta e a denominada “enerxía fantasma”. Apaguémolos no interruptor, e así evitaremos un gasto de ó redor dun 3% de enerxía.

Se usamos vitrocerámica, é moi importante aproveita-la calor residual. Na cociña debemos de usar potas algo máis grandes co fogón no que as poñemos, a fin de aproveitar ben toda a calor dispoñíble.

Os fornos microondas son moi efectivos para quentar pequenas porcións de alimentos, xa que consumen entre un 30% e un 70% menos que os fornos convencionais.

A aspiradora consume moita máis enerxía, se traballa coa bolsa do lixo atascada, ou moi chea, e cos filtros en mal estado. Un mantemento axeitado destes puntos farán que a nosa aspiradora, funcione e consuma coma o primeiro día.

Os frigoríficos e conxeladores deben estar instalados en sitios ventilados, lonxe de fontes de calor. Temos que coida-lo estado das gomas das portas, xa que son as que garanten que o frío do interior se manteña.

Etiquetado enerxético: É un sistema que establece a relación da enerxía que consume o electrodoméstico coa cantidade de traballo que desenrola. O etiquetado pretende ser unha vía de información que lle facilite ao usuario datos sobre o consumo, ruído, vida media, eficiencia en lavado ou secado. Os etiquetados, segundo o electrodoméstico en cuestión, van dende a letra A ( a máis eficiente ) ata a F.



Utilidades

© FAEPAC - Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña
Enderezo: Casa da Enerxía, Rúa Alcalde José Vilaboy Pajón, s/n. 15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono (+34) 981 102 111 - correo electrónico: info@faepac.org
Exención de responsabilidade: O contido deste sitio só compromete ao seu autor e non reflexa necesariamente a opinión das Comunidades Europeas. A Comisión Europea non é responsábel da utilización que se poida dar á información que figura no mesmo. MÁIS INFORMACIÓN